domingo, 20 de mayo de 2018


Como afecta a compra dun coche eléctrico ao teu peto?
O coche eléctrico é unha arma para combater o cambio climático debido a que ten cero emisións. A contaminación atmosférica é máis extrema nos grandes núcleos de poboación e xa se viviron nos últimos meses as primeiras restricións en uso de coches para tentar frear situacións puntuais. Unha prohibición acoutada no tempo é unha solución moi  cortoplacista, por iso promóvese o uso de medios de transporte alternativos como o transporte público, a bicicleta ou o coche eléctrico.
O coche eléctrico supón cero emisións á atmosfera polo que é unha boa alternativa para coidar o  medioambiente. Nalgunhas cidades pode optarse por servizos que ofrecen empresas como  Car2 go ou  Emov. Sen necesidade de ter un coche en propiedade estas empresas ofrecen a posibilidade de utilizar coches eléctricos sen condutor pagando en función do tempo de uso.
Por outra banda, hai persoas que prefiren a opción de comprar. España rexistraba a finais de 2017, segundo a DXT, máis de 30.000 coches eléctricos de emisión cero. En caso de compra hai que botar contas para saber que implica a nivel económico para o comprador.
Axudas para a compra do coche eléctrico: un modo de impulsar o uso de vehículos eléctricos foi o Plan  Movea que evolucionou ao Plan  Movalt 2018, cuxa partida se esgotou ás poucas horas de poñerse en marcha. Para mediados de 2018 está previsto que salga o plan VEXA, dotado cunha partida de 16,6 millóns de euros para impulsar a compra de Vehículos de Enerxías Alternativas. Esta partida foi cualificada de insuficiente por asociacións do sector e as patronais do motor. En todo caso, os que vaian comprar un coche eléctrico e queiran optar á axuda terán que estar atentos das últimas axudas por se se acaban coa rapidez.
Puntos de carga: Antes de adquirir un coche eléctrico hai que saber onde se vai a cargar para asegurarnos de que imos poder facer un uso adecuado. España está á cola en número de puntos de carga exteriores. Esta pode ser unha opción, pero non é a máis recomendable, xa que a enerxía será máis cara e hai moitas posibilidades de que o punto non estea preto do lugar onde vivimos ou traballamos.
O máis práctico é ter un punto de carga no garaxe onde aparquemos. Se se trata dunha vivenda unifamiliar será fácil, só necesitamos ter unha toma eléctrica. A toma de electricidade habitual adoita ser suficiente para cargar un coche eléctrico, pero o recomendable é instalar un punto de carga específico, a chamada base mural de recarga. Se o garaxe é colectivo non é necesario pedir permiso para instalar o punto de carga, basta con informar o presidente da comunidade ou ao administrador da leira. Os edificios novos están obrigados a dispoñer de tomas eléctricas, pero nos garaxes máis antigos pódese complicar porque non haxa unha toma onde instalar o punto de carga ou que a que hai sexa da comunidade. Os custos dependerán da situación de cada garaxe e, sobre todo, do que custe levar a electricidade ata a nosa praza. Algo  orientativo a ter en conta é o custo do mural de recarga que parte dos 500€ e pode chegar aos 1.000€. Por outra banda, o plan  Movalt 2018 contemplaba axudas de ata 1.000€ para esta instalación, veremos se o plan VEXA tamén. Tamén se creou un plan de axudas específico para chamado Plan  Movalt infraestrutura.

Combustible: neste caso o custo dun coche eléctrico está por baixo do dun coche convencional, xa sexa a gasolina ou gasoil. En España tamén é así a pesar de que somos un dos países da Unión Europea onde máis cara é a electricidade. Por outra banda, o custo de recargar o coche en casa será menor que se se fai en postos públicos.
Mantemento: en termos xerais o mantemento debería ser máis barato nun coche eléctrico, xa que ten menos pezas e, por tanto, menos que revisar. Nun coche eléctrico non hai cambios de aceite ou  filtros, tampouco se gasta o  embrague ou rompe a correa de distribución porque son elementos que non ten un coche eléctrico. Algún dos custos que se manteñen en ambos os tipos de coche son as rodas. Pola súa banda, o coche eléctrico ten a batería que pode perder capacidade e é parte fundamental do vehículo.
Seguro: os gastos de seguro dun coche eléctrico non difiren moito do custo dun coche tradicional.
Imposto Municipal de Circulación: trátase dun imposto que se aplica ao dono dun vehículo por telo en propiedade e polo dereito para circular. O  IMC é un imposto que depende de cada Concello e, por tanto, presenta variantes segundo onde estea empadroado o titular do vehículo. Algúns Concellos si contemplan vantaxes para aqueles que opten polo coche eléctrico, Madrid e Barcelona están entre eles, xa que axudan a manter limpo o ceo das súas cidades ao non ter emisións.
Aparcadoiro: aparcar cun coche eléctrico nas zonas de establecemento regulado é gratis nalgunhas cidades. Esta é unha decisión que depende do Concello, e en cidades como Madrid ou Barcelona é gratuíto, unha vantaxe importante para moitos usuarios de vehículos eléctricos. Esta é unha forma que teñen os municipios de impulsar o uso de coches eléctricos que non son contaminantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario