Radiografía da movilidade ‘’verde’’: o coche eléctrico instálase na
costa.
Jávea, Mazarrón e Calvià. Tres cidades de tres provincias
distintas (Alacante, Murcia e Baleares, respectivamente) que, a primeira vista,
non teñen nada que ver entre eles salvo o seu carácter costeiro e turístico.
Pero hai outra circunstancia que as une: son as tres poboacións de España con
maior cantidade de coches eléctricos e híbridos. Non en termos absolutos (as
grandes urbes dominan a clasificación), pero si relativos: en ningún outro
lugar existe tal concentración de vehículos dos denominados limpos.
Así o certifica o estudo Como se move o teu coche?, que analiza a
composición do parque de turismos en España en función do motor que empregan. O
informe está elaborado polo proxecto divulgativo Estamos Seguros (da Asociación
Empresarial do Seguro, Unespa) e deixa
constancia de como é a repartición xeográfica dos vehículos segundo sexan
diésel, gasolina ou híbridos e eléctricos. Así mesmo, o estudo retrata que tipo
de coche leva cada condutor en función do seu sexo e da súa idade.
Os coches limpos aumentan a súa presenza ano tras ano en España. Os
turismos eléctricos ou híbridos alcanzaron unha cota de mercado en 2017 do
5,1%, segundo datos da Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e
Camións (Anfac). E a Estatística do Seguro do Automóbil (ESA) achega outras
cifras significativas: en España hai 23 millóns de turismos asegurados, dos que
case dous millóns móvense grazas a motores non convencionais (eléctricos,
híbridos, gas natural…). O resto corresponde a coches diésel (13,8 millóns) e
gasolina (7,4 millóns). É dicir, un 9% do parque automobilístico está representado
por turismos verdes.
Moitos deles concéntranse nas grandes cidades: Barcelona (60.888),
Madrid (55.786), Valencia (29.500) e Zaragoza (22.064) son os municipios con
máis coches limpos en termos absolutos. A cousa cambia se se entra no detalle e
analízase a cantidade de coches pouco contaminantes en relación co tamaño do
parque móbil local. Nese sentido, chama a atención a alta concentración de
vehículos híbridos e eléctricos de @Jávea (27%), Mazarrón (23%) e Calvià (21%).
Segundo o estudo de Estamos Seguros, os coches menos contaminantes
teñen maior presenza en zonas de praia (grazas ao elevado número de vehículos
de aluguer para turistas) e nas grandes poboacións do interior, onde abundan as
solucións de mobilidade por minutos.
Os CONDUTORES
O estudo tamén elabora un retrato robot do tipo de condutor que leva
cada turismo. No caso dos coches híbridos e eléctricos, predominan as persoas
de entre 45 e 55 anos. Por sexos, 7 de cada 10 coches limpos lévaos un home.
Pero esta é unha proporción similar á que se dá cos diésel (cun 73% de
condutores homes) e os gasolina (66%). Ademais, a disparidade entre sexos
diminúe entre os máis novos. Así, por exemplo, de cada 10 coches híbridos ou
eléctricos conducidos por treintañeros,
seis corresponden a homes e catro, a mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario