Electromaps, organizador oficial do ecoGP de Andorra.
Xa temos de volta o
ecoGP, a carreira de resistencia para coches eléctricos, e faio en
condicións extremas. Por primeira vez a proba celebrarase no Circuíto de
Andorra – Pas da Casa, con pneumáticos
de inverno nun trazado cuberto de neve e en condicións de frío que promete
emocións fortes a todos os participantes.
A cita andorrana dará
comezo a tarde do 23 de marzo, onde os participantes reuniranse para recibir
todas as instrucións pertinentes. O rally empezará na seguinte xornada – día 24
de marzo – ás 8 da mañá en Ordino
(Andorra) conducindo estrada arriba a través da marabillosa paisaxe do país
dos pirineos, ata chegar ao circuíto. O
desafío na pista dará comezo unha hora máis tarde, ás 9, co obxectivo de
conducir a maior cantidade de voltas posibles. Ademais, estarán permitidos o
cambios de condutor. Dadas as características do circuíto, a competición darase
en quendas de 6 coches; mentres uns rodan, os outros recargan.
Como de costume, o gañador da proba será o equipo que faga a
maior cantidade de voltas no tempo determinado na súa categoría, polo que a
xestión do consumo será determinante para decidir o gañador, algo que xa
puidemos ver na pasada edición celebrada no circuíto de Calafat (Tarragona).
Para poder participar nesta nova edición, haberá que abonar
50 euros por condutor, un prezo moi reducido para todo o que dará de se esta
xornada única. Para os participantes a esta edición do ecoGP, o Hotel Coma situado en Ordino ofrece unha tarifa especial,
aparcadoiro gratuíto e carga gratuíta, motivos máis que suficientes para non
perderse esta proba.
O ecoGP é unha
competición mundial exclusiva para coches eléctricos que se celebra ao longo de
todo o ano por distintos trazados. Os participantes, divididos por categorías,
van acumulando puntos en cada proba para. O gañador do campionato é o que ten
maior cantidade de puntos acumulados despois da última carreira na súa
categoría. Ademais, o gañador obterá obsequios brindados polos patrocinadores e
organizadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario