Hyundai Kona eléctrico: 204 CV e 390 kilómetros de autonomía.
O Hyundai Kona chegou ao mercado acompañado da promesa
dunha versión electrificada. E xa non hai que esperar máis: Hyundai confirmou a súa chegada a finais de
2018 ou principios de 2019 e, o máis importante, abriu as reservas (de momento
só en Corea) revelando os primeiros detalles técnicos do modelo, así como o seu
prezo.
Aínda non se viu o seu deseño final, aínda que se espera que sexa
practicamente calcado ao das versións de
combustión. Iso si, será máis grande que estes xa que ampliará 15 milímetros a
súa lonxitude e 5 a súa altura, alcanzando os 4.180 e os 1.555 mm,
respectivamente. Isto contribuirá ademais a mellorar a súa distancia entre
eixos ata os 2.600 mm.
O SUV compacto comercializarase
en dúas versións. A de acceso empregará un batería de 39,2 kWh, que terá unha autonomía de 240
quilómetros; e outra con 64 kWh, cuxo
alcance chegará ata os 390 quilómetros. Tendo en conta que a homologación é
segundo o ciclo EPA estadounidense, as cifras serán realistas. En canto a
configuración mecánica, só estará dispoñible coa combinación de motor eléctrico
e tracción dianteira, cunha potencia de 204 CV (150 kW).
No hay comentarios:
Publicar un comentario