OS BARCOS DE GUERRA EN FORMA DE "DRON" XA SON UNHA
REALIDADE.
Parece que no futuro as guerras, desenvolveranse como nas
partidas dun xogo de estratexia ou simulador, cunha tripulación en terra que
controla a un vehículo non tripulado, neste caso unha fragata. Pois ben, o
goberno chinés comezará de forma inminente as súas probas para poñer en marcha
unha frota de barcos de guerra non tripulados, unha especie de drons dos mares
que se poderán controlar a distancia e que seguirán aos seus obxectivos de forma
autónoma.
China comezou a construír unha zona de proba para os seus
barcos de guerra non tripulados. Este está a construírse no Mar de China, nunha
zona adxacente a Macao.
Este espazo ocupará 225 millas náuticas cadradas para poñer
en marcha esta tecnoloxía, na que se probará a capacidade destas naves para
evitar obstáculos de forma autónoma, e moverse nunha dirección determinada de
forma tamén autónoma. Así que parece que cada vez estamos máis preto dos ciber combates en alta mar, e ante a proba
máis clara de que o vehículo autónomo sobre calquera superficie é o futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario