O coche eléctrico que non necesita recargarse chegará en
2019.
O vehículo eléctrico é a verdadeira alternativa de futuro
aos coches movidos por combustibles fósiles, e que a súa presenza nas rúas será
masiva durante a próxima década. Pero como ben se sabe, estes teñen algúns
inconvenientes importantes, como é a necesidade de recargarse durante 15 ou 30
minutos, no mellor dos casos, fronte ao minuto ou dous que necesitamos para
encher un tanque de gasolina. Pois ben, unha empresa Holandesa quere acabar con
este lastre para o vehículo eléctrico co
Lightyear One, que se pon á venda
en 2019. Cárgase grazas á luz solar: cando dicimos que non necesitará
recargarse, referímonos ao feito de ter que parar expresamente a esperar que as
baterías do coche eléctrico queden completamente cargadas. Porque o que ofrece
este Lightyear One é recargarse en marcha, grazas á súa
carrocería recuberta de paneis solares. Así cando faga un día asollado, o coche
recargarase só, e non teremos que parar a recuperar enerxía, senón que será co
propio uso, ou cando o aparquemos ao sol, cando o coche recargará as súas
baterías. Comézase a vender en 2019 por 119.000 euros, e fabricarase en cantidades
moi reducidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario