Farday Future avanza
un investimento de 1.500 millóns de dólares. Chegada do FF91 este ano, e xa preparan outro modelo
máis alcanzable.
Faraday Future leva
varios anos camiñando no bordo do precipicio. E é que empezar desde cero un
fabricante de coches é unha operación extremadamente complicada, que necesita
diñeiro, moito, moito diñeiro.
Despois dun tempo dando
bandazos, con anuncios e cancelacións a partes iguais, pero tamén con
marchas importantes dentro do equipo directivo con denuncia por roubo de datos
incluído, agora parece que chega unha
tandada de boas noticias para a empresa chinesa.
Un investidor de Hong Kong comprometeu inxectar ata 1.500
millóns de dólares para desbloquear a situación de Faraday. 550 millóns xa estarían na conta do
fabricante o que lles levou a reactivar a súa actividade comercial e as
presentacións. Unha primeira fase que ademais axudará á posta en marcha da
fábrica, situada na localidade de
Hanford, California, que estiman
arrincará a fase de probas este primeiro trimestre, e que ensamblará as primeiras unidades para entregar
antes de terminar este 2018.
Para iso Faraday
pechou os acordos cos subministradores que darán forma ao FF91. Nomes como LG
Chem, encargada da batería, os alemáns de Bosch, ademais de varios desarrolladores xaponeses como Fuji
Technical e Miyazu, sen
esquecernos do encargado do sistema de condución autónoma, a americana Velodyne.
Desa forma o FF91
comezaría as súas entregas antes de finalizar o mes de decembro, marcando un
importante fito para a startup. Un
espectacular e enorme todocamino
eléctrico, 5.2 metros de longo, que chamou a atención por ser un dos primeiros
dos novos fabricantes en ser presentado, pero tamén por contar cun sistema de
propulsión de máis de 1.000 CV de potencia, e unha batería de 130 kWh, que lle proporcionará unha autonomía
duns 608 quilómetros baixo o ciclo EPA americano.
Ademais engadirá moitos outros detalles, como un sistema de
condución autónoma, ou autopilotada
nunha primeira fase, que estará formado por 10 cámaras de alta resolución, 12
sensores, e un detector LiDAR.
Pero non termina aí a cousa. Durante unha recente
presentación tamén se mostrou o primeiro bosquexo do que será segundo modelo
de Faraday. O FF81. Un
todocamino algo máis compacto e alcanzable que o seu irmán maior. Un
modelo do que de momento non hai ningunha outra información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario