IBIL instala o punto de recarga para a ITV dos vehículos eléctricos
O mercado de
vehículos eléctricos segue subindo e as novidades referentes a eles son unha
constante en calquera ámbito. Ata agora quizá ninguén pensara nas ITV, polo
menos en España, ata que IBIL, empresa especializada en servizos de recarga de
vehículos eléctricos, decidiu instalar un punto na estación de ITV situada no
polígono industrial da Sionlla, en Santiago de Compostela.
A particularidade
deste punto de recarga recae na súa capacidade de revisar o estado do vehículo
eléctrico ou híbrido enchufable, polo que se poderá comprobar in situ o
correcto funcionamento do vehículo, se mantén as especificacións do
fabricantes, se a batería cárgase correctamente, entre outras revisións
específicas destes modelos.
Este cargador é un
modelo monotoma con dobre conector Schuko e toma Mennekes que pode dar servizo
a todo tipo de vehículo eléctricos, incluíndo motocicletas. Ademais, a mesma
estación de ITV, en colaboración coa Escola de Arquitectura da Universidade da
Coruña, é completamente pioneira xa que pode variar o seu tamaño en función da
demanda de vehículos que haxa en calquera momento grazas a un modelo modular
desmontable.
Sen dúbida este pode
ser un punto de inflexión para a revisión dos vehículos eléctricos nas ITV
españolas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario