10 segundos para recargar un autobús
eléctrico
Púxose en funcionamento en Ningbo, China, o
punto de carga máis rápido do mundo para autobuses eléctricos. A infraestrutura
que se pode comparar cun brazo móbil, pode cargar totalmente as baterías en 10
segundos.
En Ningbo, o autobús
eléctrico operará por unha ruta de 11 km con 24 paradas. Poderase recargar o
vehículo en calquera punto estratexicamente situado de forma que non sufra
problemas pola súa autonomía.
Recárgaa en 10
segundos é posible non só polas características do punto de carga, senón tamén
pola tecnoloxía do propio autobús eléctrico. As súas características
permítenlle reducir o consumo de enerxía nun 50% comparado cun autobús
convencional.
O vehículo leva
incorporado uns supercondensadores, fabricados a partir de material de carbono
de alto rendemento. Poden ser recargados máis dun millón de veces sen afectar
demasiado á súa vida útil, que é aproximadamente de 12 anos. Así mesmo, logra
adaptarse a diferentes condicións ambientais de -40 a 65 graos centígrados.
A falta de
confirmación, prevese que no próximos tres anos un total de 1.200 autobuses
equipados coa mesma tecnoloxía e infraestrutura de recarga serán utilizados
para o transporte público na localidade de Zhejiang.
No hay comentarios:
Publicar un comentario