martes, 9 de mayo de 2017

Harrods incorpora unha Nissan e-NV200

Harrods, o centro comercial do luxo por excelencia en Londres, decidiu incorporar unha Nissan e-NV200, a furgoneta eléctrica da marca xaponesa, coa cal realizará  as entregas diarias a aqueles clientes que así o desexen.
Pintada da cor verde e dourada característico que percorre a fachada exterior destes grandes almacéns londinienses, a Nissan e-NV200 realizará ata 50 entregas semanais para así cubrir as necesidades de repartición, e farao cunha zona de carga especialmente habilitada para a ocasión con andeis e refrixeración.
O obxectivo de Nissan é só cargar a furgoneta unha vez por semana, garantindo ata 50 entregas e un percorrido de ata 241 quilómetros, obtendo así unha redución das emisións nas tarefas de repartición para os clientes de Harrods.

Curiosamente, non é a primeira vez que estes almacéns contan cun vehículo eléctrico xa que, hai máis de 100 anos, xa incorporaron unha furgoneta con estas mesmas características. O éxito foi tal que ata decidiron crear a súa propia frota eléctrica aínda que, co paso dos anos e a popularidade do petróleo, finalmente quedaron no esquecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario