Thunder Power instalarase en Catalunya
Thunder Power, fabricante
chinés de coches eléctricos, anunciou que abrirá un centro de I+D en Catalunya
no cal investirá 80 millóns de euros e creará 200 postos de traballo. Estará
operativo nos próximos meses e será o seu segundo feudo en Europa, tras o de
Milán, onde a empresa bebeu de grandes deseñadores de vehículos italianos como
Zagato.
A idea de Thunder
Power é primeiro crear este centro de I+D
e posteriormente (2019) abrir unha planta de produción e ensamblaxe de
vehículos tamén en Catalunya xa que, segundo a empresa, é o mellor lugar para
levar a cabo esta iniciativa no vello continente. Cabe lembrar que Thunder
Power é aínda unha marca en desenvolvemento xa que a súa planta de Ganzhou
aínda está en fase de construción.
Este anuncio levouse
a cabo na presentación do seu primeiro prototipo que se mostrou en Hong Kong e
que foi deseñado en Italia, algo que queda plasmado nas súas zumentas liñas.
Ademais, Promete unha autonomía de 650 quilómetros, unha aceleración de 0 a 100
km/h en 5 segundos, baterías de ata 125 kWh e recargas domésticas en menos de 6
horas.
Conta tamén cun
chasis traballado en fibra de carbono, aluminio lixeiro e magnesio, así como un
sistema de tracción só ás rodas posteriores.
Thunder Power quere
rivalizar con Tesla, exactamente co Model S, cunha berlina de xenerosa
autonomía e un deseño italiano que non deixa indiferente a ninguén. Durante os
próximos meses coñeceremos se todas estas promesas levan a cabo e o fabricante
afianza a súa próxima estancia en Catalunya
No hay comentarios:
Publicar un comentario