A venda de coches
eléctricos é anecdótica en Galicia malia dispararse en Europa
O ano pasado vendéronse en Europa 200.000 coches eléctricos. Pero
en España as vendas medran pouco. 4.500 unidades que contrastan coas 45.000 de
Noruega ou as 35.000 do Reino Unido e Francia.
As leis anticontaminación castigan no norte de Europa os coches
diésel e de gasolina, pero as restricións xa está chegando ás grandes cidades
españolas. Os coches eléctricos van baixando de prezo, xa hai moitos modelos á
venda e teñen cada vez máis autonomía pero no seu arranque xoga moi en contra
outro factor.
"A infraestrutura de recarga porque é certo que fóra dos
concesionarios e dalgún negocio que o ten para os seus clientes non hai moitos
puntos de recarga públicos, polo menos en Galicia", explica o responsable
comercial dun concesionario.
E iso que o coche eléctrico se adaptaria perfectamente ao usuario
galego medio.
"Os estudos din que o cliente dun vehículo non fai máis de 75
quilómetros diarios. Hoxe en día cunha autonomía de 400 quilómetros teriamos de
sobra para máis dun día. Excepto profesionais que faga 600 ou 700 quilómetros
ao día o coche cumpre para todos os clientes", asegura o vendedor.
Para os fabricantes e vendedores o arranque do coche eléctrico en
España pasa pola concienciación ecolóxica do cliente pero tamén das
administracións. Piden medidas de impulso como beneficios fiscais, máis zonas
públicas de recarga e prazas de aparcadoiro específicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario