Volvo confirma
o seu primeiro eléctrico puro de 100 kWh para 2019.
A súa nova plataforma modular para a producción de vehículos eléctricos
xa está en marcha, en 2018 presentará un híbrido enchufable de 3 cilindros e
con vistas a 2019 lanzará o seu primeiro modelo totalmente eléctrico
Así o apuntou Mats Anderson, Director Xeral de Sistemas de Propulsión
Eléctrica de Volvo, nunha convención sobre vehículos híbridos e eléctricos
Anderson señalou: “Estamos comprometidos coa electrificación. Non hai
volta atrás”. E é que Volvo está pola
labor de sustituir os motores diésel por motores eléctricos, e o seu obxetivo a
longo prazo (2025) é vender un millón de vehículos eléctricos.
Para empezar, a compañía está desenrolando a plataforma de
Electrificación Modular (MEP), unha arquitectura que se califica como clave nos
futuros modelos eléctricos e que ademais permitirá reducir os costes na
producción. Esta plataforma poderase utilizar en vehículos eléctricos de entre
100 y 450 kW de potencia e tamén en baterías de hasta 100 kW de capacidade.
De cara a 2018, Volvo presentará unha nova plataforma Twin Engine FWD
(tracción diantera), que combinará un motor de 3 cilindros de gasolina cun
eléctrico de 55kW e alcanzará 50 km de autonomía no seu modo eléctrico.
Na actualidade, o XC90 é o claro referente dos modelos equipados co T8
Twin Engine de 4 cilindros, un motor destinado a igualar as prestacións dos motores
de 6 e 8 cilindros. Sen embargo, a compañía quere ahora ofrecer unha nova plataforma
Twin Engine FWD, pero cun motor de combustión de 3 cilindros que ofreza un rendemento
similar ós motores de 4 e 6 cilindros convencionais.
Xa en 2019, Volvo introducirá nos seus modelos o sistema Mild Hybrid de
48 V apto para vehículos diésel e gasolina, cun motor de 10 kW ampliable a 15
kW. Contará, ademais, cunha batería de ions de litio que suministrará 0.25 kWh
e con outra convencional de 12 V.
No hay comentarios:
Publicar un comentario