Os 5 coches
eléctricos máis sedutores do momento.
A tendencia parece imparable: todas as marcas apostan polo
coche eléctrico e a oferta cada vez é máis ampla. O futuro pasa polos vehículos
limpos. E, aínda que a transformación de mercado está na súa fase inicial, aos
poucos os coches a pilas van gañando mercado. En 2017 alcanzáronse 8.645
matriculacións, segundo datos da Asociación Española de Fabricantes de
Automóbiles e Camións (Anfac), o que supuxo un crecemento do 82% respecto ao
ano anterior.
A Axencia Europea do Medio Ambiente sinala que o 13% das
partículas contaminantes nos 28 países da Unión Europea proveñen do transporte
por estrada; a alternativa real aos motores de combustión son os eléctricos,
que van deixando atrás algunhas das súas desvantaxes iniciais. Como o prezo,
por exemplo: seguen sendo máis caros que os modelos tradicionais, pero as
axudas da administración (con subvencións de ata 5.500 euros segundo os
diferentes plans de apoio do Goberno) animan aos condutores, que tamén se
benefician dalgunhas exencións fiscais e do prezo da electricidade, moito menor
que o dos combustibles tradicionais.
En canto á autonomía, outro dos receos dos automobilistas,
os modelos actuais han mellorado moito e cobren sobradamente as necesidades
urbanas de calquera condutor. E é certo que na estrada aínda xeran certa
inseguridade (ante a ausencia dunha infraestrutura adecuada de recarga), pero a
evolución das baterías será probablemente rápida. De momento, estes son os
coches eléctricos que máis seducen aos condutores.
RENAULT ZOE

NISSAN LEAF

BMW i3

Entre os aspectos positivos, por exemplo, destacan un motor
moi potente (170 CV) e unha aceleración propia de modelos de alma deportiva: de
0 a 100 km/ h en 7,3 segundos. E isto tradúcese en que é áxil, rápido e moi
divertido para moverse pola cidade. Ademais, a autonomía mellorou e alcanza o
300 km oficiais (ata 230 de uso real). E é un
BMW, con todo o carácter (e a calidade) que ofrece a marca alemá.
No outro lado da balanza, aspectos como un maleteiro
pequeno, só catro prazas e un acceso complicado ás prazas traseiras. Ademais, é
bastante máis caro que os seus competidores.
SMART FORTWO
Outro eléctrico con espírito urbano que desprega todas as
virtudes do seu irmán de combustión (un coche áxil, sinxelo de conducir e fácil
de aparcar) e engade algunhas vantaxes novas, como un novo deseño moi atractivo
e unha oferta especial xunto cunha compañía eléctrica: 10.000 quilómetros de
recargas gratis. Ademais, se o condutor vai facer unha viaxe longa por estrada,
a marca ofrécelle un Mercede s en aluguer a un prezo especial.
Do que non pode presumir demasiado o Smart eléctrico (que tamén se comercializa
nas versións Cabrio e Forfour) é de autonomía, que queda nuns 120
quilómetros de uso real. Non é moito, aínda que para a cidade pode ser
suficiente.
VOLKSWAGEN E-GOLF

A todo o anterior súmanse as virtudes dos Golf de combustión
en canto a imaxe, espazo, presentación e calidade de conxunto, pero tamén hai
inconvenientes: o prezo é bastante elevado e o maleteiro resulta moi reducido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario