Un espazo para o vehículo eléctrico
Por moito que se evolucione na calidade do transporte público, a comodidade do transporte
individual segue converténdoo na opción preferida para moita xente. É por iso que a mobilidade
sustentable urbana ten postas moitas esperanzas no vehículo eléctrico; moitas cidades xa anunciaron
que, a longo prazo, só quererán vehículos deste tipo nas súas rúas.
É para aproveitar as sinerxias desa nova demanda que Trafic incorpora a área de Mobilidade
Eléctrica e Eficiente, onde as empresas terán oportunidade de mostrar as súas mellores solucións
neste ámbito e o seu impacto nas cidades. Nove marcas de automóbiles e ciclomotores teñen
previsto presentar 15 modelos distintos neste novo espazo expositivo, tamén no pavillón 14 do
recinto feiral do Campo das Nacións.
Os representantes en Madrid da maioría das principais marcas poñerán ao alcance dos profesionais
os seus modelos máis vangardistas.
Polos fabricantes alemáns, o Grupo F. Tomei, concesionario do grupo Volkswagen na capital,
mostrará o novo Audi A3 Sportback e-tron híbrido cunha autonomía de 50 quilómetros en modo
eléctrico. Ibericar Cuzco estará presente co BMW i3, que segundo o seu fabricante é o primeiro
vehículo premium compacto concibido desde a súa fase inicial para a mobilidade eléctrica.
Mentres, desde Asia, a coreana Hyundai aposta por dous modelos da gama Ioniq: o híbrido
enchufable e o eléctrico puro. Pola súa banda, Nissan presenta o Leaf, o eléctrico máis vendido do
mundo, que permite proporcionar enerxía do vehículo a domicilios e oficinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario