Tesla duplica as súas perdas ata setembro
Tesla, a empresa estadounidense de vehículos eléctricos e baterías dirixida por Elon Musk, rexistrou
pérdicas entre xaneiro e setembro de 1.286 millóns de dólares (1.104,4 millóns de euros), máis do
dobre das rexistrada no mesmo período do pasado ano, a pesar de que os seus ingresos creceron un
79,6%, ata os 8.470,5 millóns de dólares (7.273,6 millóns de euros). A empresa está a ter problemas
co seu modelo máis alcanzable, o Model 3, cuxa produción non alcanza as cifras previstas, o que
está a lastrar os seus resultados. Tesla confía boa parte do seu crecemento no éxito deste modelo,
cuxo prezo arrinca en 35.000 dólares, a metade que os outros dous coches que fabrica, o Model S e
o todoterreo Model X, pensados para un público máis exclusivo. As accións da empresa caeron
máis dun 3% en Wall Street este mércores.
Nesta tesitura, Tesla viuse obrigada a atrasar tres meses a data na que debía alcanzar a velocidade de
cruceiro de fabricar 5.000 Model 3 á semana. Tiña previsto alcanzar ese ritmo en decembro e agora
espera facelo "a finais do primeiro trimestre de 2018". Unha vez alcancen ese ritmo de produción,
di Tesla, xa darán pasos para duplicar esa capacidade, que é o verdadeiro obxectivo.
En canto aos outros dous modelos, Tesla afirma que no terceiro trimestre entregou 25.915 (14.065
Model S e 11.865 Model X). A cifra é un 4,5% superior á do mesmo trimestre do ano pasado e leva
a Tesla a prever que en todo o ano, entregará máis de 100.000 unidades dos seus dous modelos de
luxo, un 31% máis que o ano pasado. Con todo, afirma que producirá no último trimestre un 10%
menos dos modelos de luxo, tendo en conta que desprazará capacidade de produción hacua o Model
3.
Con estes datos na parte de fabricación de automóbiles e contando tamén o negocio de baterías
solares, Tesla ingresou no terceiro trimestre 2.984,6 millóns de dólares (2.560,8 millóns de euros),
un 30% máis que no mesmo trimestre do ano pasado, pero non lle serviu para xerar beneficios. Ao
contrario, perdeu 619,3 millóns de dólares (531,4 millóns de euros), fronte a un beneficio de 21,8
millóns no terceiro trimestre de 2016.
No que vai de ano, as perdas ascenden a 1.286 millóns de dólares (1.104,4 millóns de euros), fronte
aos 553,5 do mesmo período do ano anterior. Antes de impostos, a cifra é mesmo superior, ata
1.429,1 millóns de dólares, un 165,6% máis que o ano pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario